miércoles, 29 de abril de 2020

RETOS EDUCACIÓN FÍSICA

Atención rapaces, porque os profes de Educación Física vos traen aquí un xogo molón! Non vos conto nada máis, para que o descubrades vós mesmos, só vos digo que toca mover o esqueleto!
Estas son as palabras textuais que me transmiten: "A proposta de actividades que dende Educación Física preparamos para todo o cole, inclúe esta semana un xogo. É a primeira vez que nos metemos nun lío deste tipo, así que necesitamos da vosa axuda. Probade o xogo (sodes os nosos Beta Tester) e mandádenos propostas e suxestións para melloralo e incluílas na seguinte versión. Avisádenos tamén dos erros que atopedes. Contactade connosco a través do correo electrónico que vos facilita a vosa titora. Grazas por adiantado"
RAPACES...ESTADES TARDANDO!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario