sábado, 19 de diciembre de 2020

FÓRA BARREIRAS!

Aquí tedes un genially no que podedes acceder a obras de teatro accesibles en linguaxe de signos, a desfrutalas!

NOVO BLOGUE DA BIBLIO!!

Inda que este ano é un tanto "especial", a biblio de Casás está a tope! Aquí vos deixo o enlace ao novo blogue para que indaguedes todo o que vos apetezca. Non vos olvidedes de suscribirvos para ver todas as novidades! https://bibliotecadecasas.blogspot.com/

sábado, 12 de diciembre de 2020

CORTOS DE NADAL

REPASA AS FRACCIÓNS QUE VÉN AHÍ O EXAME!!

PRACTICA AS FRACCIÓNS IRREDUCTIBLES

REPASA AS FRACCIÓNS EQUIVALENTES

REPASO CCSS 1º TRIMESTRE

REPASO CCNN TRIMESTRE 1

MULLERES MOI CAPACES

O día 3 de decembro celébrase o Día Internacional das Persoas con Discapacidade e os meus peques recopilaron información sobre diversas mulleres que demostraron que teñen moitas máis capacidades das que a primeira vista puidéramos pensar. Aquí vai unha recompilación do traballado:

miércoles, 2 de diciembre de 2020

CALENDARIO DE ADVENTO

Aquí vos deixo o calendario de advento deste ano. Recordade que se completades todas as tarefas, teredes un pequeno agasallo!

lunes, 23 de noviembre de 2020

Xogo con temática Among us para repasar o tema 4 de Lingua Castelá...

25 N en Casás

Como xa sabedes, este mércores celébrase o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Aquí vos deixo varias cousiñas, desde algo de información ata xogos para comprobar o que sabes.

Temos unha gañadora!

Hoxe Hiba recibiu o seu agasallo, xa que foi gañadora do concurso de relatos de Samaín. Así de contenta estaba co seu cómic de Asterix!!

domingo, 15 de noviembre de 2020

WEBMIX DE CONTIDOS DO TEMA 4 DE LENGUA

Webmix sobre actividades interactivas dos distintos conceptos do tema 4 de lingua castelá. Clica enriba de cada icono e xa te deriva directamente. Recorda que para que moitas destas actividades funcionen correctamente, tes que ter instalado flash player:

WEBMIX DE ACTIVIDADES INTERACTIVAS DO TEMA 4 DE MATES

Webmix sobre actividades interactivas dos distintos conceptos do tema 4 de mates. Clica enriba de cada icono e xa te deriva directamente. Recorda que para que moitas destas actividades funcionen correctamente, tes que ter instalado flash player:

WEBMIX DE ACTIVIDADES SOBRE OS APARELLOS CIRCULATORIO E EXCRETOR

Clica enriba de cada icono e serás automáticamente dirixido. Recorda que para que funcionen correctamente, moitos xogos precisan que teñas instalado flash player:

lunes, 12 de octubre de 2020

lunes, 22 de junio de 2020

Despedímonos deste atípico curso cun final agridoce polas circunstancias...pero collendo forzas para o curso que vén!!!!!

lunes, 8 de junio de 2020

NOVO (E ÚLTIMO) RETO DE EDUCACIÓN FÍSICA

Hello!!! Aquí vos deixo a nova proposta dos profes de Educación Física. Botádelle un ollo e a moverse!! Déixovos aquí as palabriñas que vos dedican os profes:
  "Para ir rematando o curso, esta semana propoñémosvos dúas propostas TOP: - Unha reflexión en formato vídeo sobre a “resiliencia”, esa palabra rara que cumpre ter moi presente nestes tempos. - E por fin, a nova versión (mellorada) do Xogo dos Retos. Empregade os correos habituais para contactar connosco. Estamos desexando recibir as vosas fotos e vídeos para comprobar como vos foi esta vez."

sábado, 6 de junio de 2020

LIBRO CORONAVIRUS

E aquí temos o resultado! Que voces tan bonitas!!!

miércoles, 27 de mayo de 2020

AHORA CAIGO ADVERBIOS

Aquí vos deixo a miña copia chunguilla de Ahora caigo, espero que vos axude a repasar os adverbios, un biqui!

AXENDA 28/05-03/06

Boas bichis, déixovos aquí a axenda desta nova semana, un bico e a desfrutar do bo tempo!

martes, 26 de mayo de 2020

SABEMOS UN PELÍN MÁIS

Na nosa clase temos varias alumnas musulmanas, quen, como sabemos, acaban de celebrar a festa do Ramadán. Unha delas, aproveitando o tema de Historia que estamos a dar, nos ofrece preciosas perlas de información sobre a súa cultura e a súa relixión





     
  Aquí nos amosa a súa alfombra de oración







E aquí nos ensina unha miniatura do Corán (e de paso nos permite ver os preciosos motivos feitos con henna nas súas mans)

SYMBALOO DE XOGOS

Aquí vos deixo un symbaloo desde o que podedes acceder a moitos xogos relacionados cos contidos desta semana, un biquiño!

sábado, 23 de mayo de 2020

QUIZIZZ IDADE MEDIA

Déixovos aquí o enlace o quizizz que elaborei para o repaso do tema da Idade Media. Podedes facelo a nivel individual no apartado correspondente. Espero que vos axude, un biquiño! https://quizizz.com/admin/quiz/5ec7a6d206aed6001b49eee8

miércoles, 20 de mayo de 2020

viernes, 15 de mayo de 2020

NOVO RETO DE EDUCACIÓN FÍSICA!

Eeeeeeeee...aquí temos novo reto dos profes de Educación Física. O profe Juan está encantado coas fotos e vídeos que lle enviades, así que xa sabedes. dádelle o gustazo! Fóra bromas, lembrade o importante que é manter certas rutinas de exercicio dentro dos límites legais: podedes pasear, xogar ao fútbol con mamá, papá ou un irmán, ir un ratiño na bici...Hai que manterse activos! Aquí vos deixo as palabras que vos dirixen:
"Letras Galegas e Educación Física tamén poden facer unha boa mistura. E como non hai festa sen baile, o apartado 1 da proposta de actividades desta semana amosa un vídeo onde podes aprender os pasos básicos para bailar a muiñeira. Si vos apetece compartir algo do voso traballo, esta semana estamos un pouco esixentes: solo fotos, vídeos ou debuxos de pernas e pes bailando a muiñeira. Que o bailes ben! Contactade connosco a través dos correos que vos facilita a vosa titora."

miércoles, 13 de mayo de 2020

AXENDA 14/05-20/05

Aquí vos deixo a axenda para esta semana. Recordade que para as fichas interactivas tedes que entrar co voso usuario e contrasinal. Un biquiño

jueves, 7 de mayo de 2020

RETO 2 DE EDUCACIÓN FÍSICA

Os profes de Educación Física non queren que paremos de movernos e para iso nos volven a sorprender con outro súper reto. Coméntanme que lles encantan as fotos e os comentarios que lles fixéstedes chegar, anímadevos a enviar máis!!! Estades preparados para convertir a vosa casa nun estupendo ximnasio? Entrade!!

miércoles, 29 de abril de 2020

RETOS EDUCACIÓN FÍSICA

Atención rapaces, porque os profes de Educación Física vos traen aquí un xogo molón! Non vos conto nada máis, para que o descubrades vós mesmos, só vos digo que toca mover o esqueleto!
Estas son as palabras textuais que me transmiten: "A proposta de actividades que dende Educación Física preparamos para todo o cole, inclúe esta semana un xogo. É a primeira vez que nos metemos nun lío deste tipo, así que necesitamos da vosa axuda. Probade o xogo (sodes os nosos Beta Tester) e mandádenos propostas e suxestións para melloralo e incluílas na seguinte versión. Avisádenos tamén dos erros que atopedes. Contactade connosco a través do correo electrónico que vos facilita a vosa titora. Grazas por adiantado"
RAPACES...ESTADES TARDANDO!!!

NOVOS XOGOS PARA A SEMANA DO 30 DE ABRIL

Ola bichis, déixovos uns cantos enlaces a xogos relacionados cos contidos que imos traballar esta semana, espero que vos gusten!
MATES

LENGUA

LINGUA

AXENDA 30/04-6/04



Olaaa, aquí vos deixo a axenda para esta semana. A partir de agora, vouna colgar para ter traballo de xoves a xoves, un bico e vémonos ás 18!!

jueves, 23 de abril de 2020

AXENDA 27-29 DE ABRIL





Aquí tedes a axenda coas tarefas a realizar de luns a mércores. Recordade que houbo un pequeno cambio e a partir do mércores a axenda será colgada semanalmente de mércores a mércores. Un biquiiii.

OS NOSOS LIBROS FAVORITOS




Aproveitamos a clase virtual de hoxe para amosar os nosos libros favoritos, hai moitos e para todos os gustos!

23 DE ABRIL DÍA DO LIBRO





Hoxe é 23 de abril, día do libro. Sabes por que se celebra este día? Déixovos un enlace con información sobre este día, por se queredes botarlle un ollo. Hoxe pola tardiña haberá unha sorpresa con forma de foto de chicuelos guapos, mirade o blogue!

https://es.wikipedia.org/wiki/D%C3%ADa_Internacional_del_Libro

viernes, 17 de abril de 2020

HOXE XOGAMOS!

Como non todo vai ser estudiar, hoxe imos aproveitar que vén ahí o fin de semana para xogar todos xuntos, vernos e desconectar un pouco. Xa coñecedes todos a dinámica, déixovos esta plantilla para que copiedes nun folio ou folla da libreta e a xogar! Vémonos ás 18:00!

XA QUEDA MENOS!

Siiii, xa queda menos para vernos e mentras tanto, a profe envíavos un millón de besotes! Déixovos aquí a nosa nube de nomes, por se a queredes descargar, un biquiiii.

TAREFA PARA LUNS 20

Aquí tedes a nova presentación do vídeo de Lingua Galega. Algúns dos apartados inclúen enlaces a actividades online, para o cal necesitaredes ter instalado o flash player, senón quedarase colgado.Mirádea para luns, que traballaremos sobre ela!
 ENLACE PARA A DESCARGA DE FLASH PLAYER
https://get.adobe.com/es/flashplayer/

VÍDEO-PRESENTACIÓN TEMA 10 DE LINGUA

TAREFA INTRODUTORIA TEMA 9

Para esta semana temos unha actividade moi sinxeliña, un vídeo interactivo do tema 9 de Lengua Castelá. Botádelle un ollo porque imos traballar a partir del! Un biquiñoooo.

MAPA DO TESOURO

Piratas! Tedes que pasar as diferentes probas para chegar a conseguir o tesouro...un tesouro que seguro vos vai a gustar! Enviádeme as vosas respostas ao meu correo ou por classdojo e aqueles que as superen recibirán un agasallo...

TAREFAS SEMANAS 3 E 4

Sí, temos un oco dunha semana no medio, porque as actividades programadas para a semana 2 se fixeron un pelín excesivas...así que demos uns días máis de marxe. Como actividades para cuarta semana, temos un enlace ao meu perfil da páxina liveworksheets. Son actividades 100% online, divididas en 2 cadernos (mates e lengua) e que tratan contidos de repaso. Cada neno/a ten acceso aos seus cadernos co contrasinal dado previamente.

ENLACE Á MIÑA PÁXINA DE LIVEWORKSHEETS (se non recordas o teu contrasinal, pregúntame por classdojo):

TAREFAS SEMANA 1 E 2

Boas tardes a todos! As tarefas da semana 1 foron dadas en man antes da alerta e as da semana 2 xa están xestionadas pola plataforma Classdojo. Deixo aquí o enlace por se hai todavía alguén despistado...

TAREFAS SEMANA 2
https://mega.nz/folder/YQdVhSoQ

VÍDEO DOS MEUS CHUSQUIS!



Orgullo de grupo, máis que un equipo, un equipazo!!!

BENVIDOS AO NOSO BLOG!

Comezamos a andaina bloguera para dar resposta ás distintas necesidades de comunicación nestes momentos tan difíciles. Os papis e mais de 5º nos comunicamos a través da plataforma CLASSDOJO, e ahora tamén poderemos informarnos por aquí. Un saúdo grande e perdoade que son novata nesto do blog...