viernes, 15 de mayo de 2020

NOVO RETO DE EDUCACIÓN FÍSICA!

Eeeeeeeee...aquí temos novo reto dos profes de Educación Física. O profe Juan está encantado coas fotos e vídeos que lle enviades, así que xa sabedes. dádelle o gustazo! Fóra bromas, lembrade o importante que é manter certas rutinas de exercicio dentro dos límites legais: podedes pasear, xogar ao fútbol con mamá, papá ou un irmán, ir un ratiño na bici...Hai que manterse activos! Aquí vos deixo as palabras que vos dirixen:
"Letras Galegas e Educación Física tamén poden facer unha boa mistura. E como non hai festa sen baile, o apartado 1 da proposta de actividades desta semana amosa un vídeo onde podes aprender os pasos básicos para bailar a muiñeira. Si vos apetece compartir algo do voso traballo, esta semana estamos un pouco esixentes: solo fotos, vídeos ou debuxos de pernas e pes bailando a muiñeira. Que o bailes ben! Contactade connosco a través dos correos que vos facilita a vosa titora."

miércoles, 13 de mayo de 2020

AXENDA 14/05-20/05

Aquí vos deixo a axenda para esta semana. Recordade que para as fichas interactivas tedes que entrar co voso usuario e contrasinal. Un biquiño