viernes, 17 de abril de 2020

HOXE XOGAMOS!

Como non todo vai ser estudiar, hoxe imos aproveitar que vén ahí o fin de semana para xogar todos xuntos, vernos e desconectar un pouco. Xa coñecedes todos a dinámica, déixovos esta plantilla para que copiedes nun folio ou folla da libreta e a xogar! Vémonos ás 18:00!

XA QUEDA MENOS!

Siiii, xa queda menos para vernos e mentras tanto, a profe envíavos un millón de besotes! Déixovos aquí a nosa nube de nomes, por se a queredes descargar, un biquiiii.

TAREFA PARA LUNS 20

Aquí tedes a nova presentación do vídeo de Lingua Galega. Algúns dos apartados inclúen enlaces a actividades online, para o cal necesitaredes ter instalado o flash player, senón quedarase colgado.Mirádea para luns, que traballaremos sobre ela!
 ENLACE PARA A DESCARGA DE FLASH PLAYER
https://get.adobe.com/es/flashplayer/

VÍDEO-PRESENTACIÓN TEMA 10 DE LINGUA

TAREFA INTRODUTORIA TEMA 9

Para esta semana temos unha actividade moi sinxeliña, un vídeo interactivo do tema 9 de Lengua Castelá. Botádelle un ollo porque imos traballar a partir del! Un biquiñoooo.

MAPA DO TESOURO

Piratas! Tedes que pasar as diferentes probas para chegar a conseguir o tesouro...un tesouro que seguro vos vai a gustar! Enviádeme as vosas respostas ao meu correo ou por classdojo e aqueles que as superen recibirán un agasallo...

TAREFAS SEMANAS 3 E 4

Sí, temos un oco dunha semana no medio, porque as actividades programadas para a semana 2 se fixeron un pelín excesivas...así que demos uns días máis de marxe. Como actividades para cuarta semana, temos un enlace ao meu perfil da páxina liveworksheets. Son actividades 100% online, divididas en 2 cadernos (mates e lengua) e que tratan contidos de repaso. Cada neno/a ten acceso aos seus cadernos co contrasinal dado previamente.

ENLACE Á MIÑA PÁXINA DE LIVEWORKSHEETS (se non recordas o teu contrasinal, pregúntame por classdojo):

TAREFAS SEMANA 1 E 2

Boas tardes a todos! As tarefas da semana 1 foron dadas en man antes da alerta e as da semana 2 xa están xestionadas pola plataforma Classdojo. Deixo aquí o enlace por se hai todavía alguén despistado...

TAREFAS SEMANA 2
https://mega.nz/folder/YQdVhSoQ

VÍDEO DOS MEUS CHUSQUIS!



Orgullo de grupo, máis que un equipo, un equipazo!!!

BENVIDOS AO NOSO BLOG!

Comezamos a andaina bloguera para dar resposta ás distintas necesidades de comunicación nestes momentos tan difíciles. Os papis e mais de 5º nos comunicamos a través da plataforma CLASSDOJO, e ahora tamén poderemos informarnos por aquí. Un saúdo grande e perdoade que son novata nesto do blog...